César Tejada - Gemma Rodríguez arquitectos. Estudio de arquitectura: Barro

inicio: quienes somos

+ INICIO: quienes somos

- Galería de imágenes

- Galería de proyectos



| Más

<galería de imágenes de rehabilitación>

 

 

 

 

 

Nuestra actividad principal es el desarrollo de todo tipo de proyectos, de arquitectura y de urbanismo sobre todo, pero también reformas, rehabilitaciones, promociones de viviendas, proyectos de ingeniería, etc.

Entendemos que el contacto estrecho e intensivo con los clientes y con la obra es el mejor modo de asegurar la mejor relación calidad - precio de la obra y el cumplimiento de los deseos y necesidades de los clientes.

Por ello propondremos soluciones hasta que quede plenamente satisfecho con la que será la definitiva. Para facilitar la comprensión de los espacios y volúmenes realizamos recreaciones tridimensionales de varios tipos (renders, croquis a mano alzada, maquetas).

Creemos que el diseño de un hogar es un momento muy importante en la vida de una persona, y por ello nos esforzamos en conseguir la mejor solución, la que mejor se adapte a sus necesidades.

 


DOG nº 147. Página 14.016. 19 de julio de 2010.

 

Orde do 19 de xullo de 2010 sobre a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Barro (Pontevedra) no núcleo urbano de Santo Antoniño.

 

O Concello de Barro remite o proxecto de modificación puntual referido, conforme o disposto no artigo 85.7º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

I. Antecedentes.

I.1. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, mediante Orde do 9 de febreiro de 2010 acordou, de acordo co disposto no artigo 85.5º b) da LOUG non outorgar a aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM de Barro e formular unha serie de observacións.

I.2. O proxecto da modificación puntual integrado por memoria e planos, está redactado por CSP arquitectos identificados con data de maio de 2010.

I.3. No expediente constan informes do técnico e do secretario municipais do 19 de maio de 2010, previos á nova aprobación provisional.

I.4. A modificación puntual foi aprobada provisionalmente polo Concello Pleno en sesión do 20 de maio de 2010.

II. Descrición e valoración.

Unha vez analizada a documentación que integra o expediente e á vista da proposta literal que nesta mesma data envía a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, cómpre formular as seguintes consideracións:

II.1. O ámbito da modificación puntual é o solo urbano clasificado polo PXOM de Barro, en Santo Antoniño, axustando a súa delimitación en relación ao ámbito do plan parcial do SU-R-3 aprobado definitivamente.

II.2. O seu obxectivo é alterar a ordenanza de aplicación das parcelas unifamiliares con fronte á estrada N-550, quedando a ordenanza O-1 de alta densidade como a única de aplicación.

Asemade delimítanse dous ámbitos de solo urbano non consolidado (PSUNC-2 e PSUNC-3) de uso característico residencial con tipoloxía de bloque aberto, eliminando do núcleo urbano a ordenanza O-4 de uso industrial.

II.3. O proxecto de modificación xustifica o interese xeral dos dous aspectos que aborda. A mellora da ordenación vixente e a eliminación dos usos non desexados son finalidades que poden incluírse entre as razóns do artigo 94.1º da LOUG e fundamentar o interese público.

II.4. No ámbito da modificación puntual en Santo Antoniño prodúcese un incremento de 51.386,50 m2 na superficie edificable residencial, pasando de 34.641,50 m2 previstos na ordenación vixente a 86.028 m2.

II.5. En relación co anterior e co sinalado no punto II.4 da orde da CMATI do 9 de febreiro pasado, a nova documentación achega información sobre o grao de desenvolvemento dos polígonos industriais que se están executando.

Tamén fai unha análise máis detallada da evolución da poboación do concello, segundo a cal se inverteu a tendencia de perda de poboación do 1% anual, pasando a unha situación de crecemento. En consecuencia, pode considerarse xustificado o requirimento sinalado na memoria ambiental.

II.6. Así mesmo, a nova documentación achega unha análise das infraestruturas existentes e dos reforzos necesarios, nomeadamente, e en relación coa infraestrutura de abastecemento, sinálase que a planta potabilizadora prevista por Augas de Galicia e a Deputación de Pontevedra para o polígono Barro-Meis ten capacidade para garantir a subministración derivada do desenvolvemento previsto.

No expediente recóllese o certificado de acordo do pleno polo que o concello se compromete a consignar nos orzamentos do 2011 e 2012 as partidas necesarias para a ampliación da EDAR.

Os reforzos necesarios para as novas demandas xurdidas en solo urbano non consolidado serán a custa dos propietarios deste.

II.7. Os sistemas xerais e dotacións locais previstos para o SUNC-2 e 3 son suficientes para cubrir as reservas sinaladas no artigo 47 da LOUG.

Para os efectos do establecido no artigo 94.3º da LOUG, as previsións de dotacións locais correspondentes ao incremento de 18.641 m2 de superficie edificable residencial no solo urbano consolidado, cumpren cos estándares do artigo 47.2º.

III. Resolución.

Visto canto antecede, e de acordo co punto 7 a) do artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro.-Outorgar a aprobación definitiva á modificación puntual do PXOM de Barro no núcleo urbano de Santo Antoniño.

Segundo.-Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Terceiro.-De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar no BOP a normativa e ordenanzas.

Cuarto.-Notifíquese esta orde ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2010.

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas


Volver a inicio

QUIENES SOMOS | MAPA DEL SITIO | POLITICA DE PRIVACIDAD | CONTACTE CON NOSOTROS | ©2010 CESAR TEJADA - GEMMA RODRIGUEZ ARQUITECTOS
PROVINCIA DE PONTEVEDRA . a cañiza . a estrada . agolada . a guarda . a illa de arousa . a lama . amoeiro . arbo . as neves . baiona . barro . bueu . caldas de reis . cambados . campolameiro . cangas . catoira . cerdedo . cotobade . covelo . crecente . cuntis . dozón . forcarei . fornelos de montes . gondomar . lalín . marín . meaño . meis . moaña . mondariz . mondariz-balneario . moraña . mos . nigrán . o grove . oia . o porriño . o rosal . pazos de borbén . poio . ponteareas . ponte caldelas . pontecesures . pontevedra . portas . redondela . rivadumia . rodeiro . salceda de caselas . salvaterra do miño . sanxenxo . silleda . soutomaior . tomiño . tui . tuy . valga . vigo . vilaboa . vila de cruces . vilagarcía de arousa . vilanova de arousa . PROVINCIA DE OURENSE . a bola . a gudiña . allariz . a merca . a mezquita . a-peroxa . arnoia . a rua . a teixeira . a veiga . avión . baltar . bande . baños de molgas . barbadás . beade . beariz . boborás . calvos de randín . carballeda de avia . carballeda de valdeorras . cartelle . castrelo de miño . castrelo do val . castro caldelas . celanova . cenlle . chandrexa de queixa . coles . cortegada . cualedro . entrimo . esgos . gomesende . larouco . laza . leiro . lobeira . lobios . maceda . manzaneda . maside . melón . montederramo . monterrei . muiños . nogueira de ramuín . o barco de valdeorras . o bolo . o carballiño . oimbra . o irixo . orense . os blancos . ourense . paderne de allariz . padrenda . parada de sil . pereiro de aguiar . petín . piñor . pobra de trives . pontedeva . porqueira . punxín . quintela de leirado . rairiz de veiga . ramirás . ribadavia . riós . rubiá . san amaro . san cibrao das viñas . san cristovo de cea . sandiás . san xoán de rio . sarreaus . taboadela . toén . trasmiras . verea . verín . viana do bolo . vilamarín . vilamartín de valdeorras . vilar de barrio . vilar de santos . vilardevós . vilariño de conso . xinzo de limia . xunqueira de ambía . xunqueira de espadañedo .