DOG nº 83. Página 7.370. 5 de abril de 2010.
Resolución do 5 de abril de 2010, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Beade (Ourense).
En cumprimento do disposto no punto 7º do artigo 7 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, na que se integran o procedemento de avaliación ambiental estratéxica, establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, e o procedemento de aprobación de planeamento urbanístico, establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, faise pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica, do 5 de abril de 2010, do Plan Xeral de Ordenación Municipal, do Concello de Beade (Ourense). Esta memoria ambiental pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://medioambiente.xunta.es/.
Santiago de Compostela, 5 de abril de 2010.
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental