DOG nº 80. Página 7.124. 29 de abril de 2010.
Resolución do 26 de marzo de 2010, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sobre aprobación definitiva do proxecto de delimitación do solo do núcleo rural de Sampaio, na parroquia de Abades, concello de Baltar (Ourense).
O Concello de Baltar remitiu o expediente de delimitación do núcleo rural de Sampaio, tramitado ao abeiro do punto 2 da disposición adicional 2ª da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, solicitando a súa aprobación definitiva.
I. Antecedentes.
1. O Concello de Baltar non dispón de ningún instrumento de planeamento xeral municipal.
2. O expediente foi tramitado de acordo co previsto no inciso terceiro do número 2 da disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, na redacción dada pola Lei 15/2004, e nel constan:
-O sometemento ao trámite de información pública, que se levou a cabo mediante a publicación de anuncios no DOG nº 214, do 2 de novembro de 2009, e nos xornais La Voz de Galicia do 7 de outubro de 2009 e Faro de Vigo do 8 de outubro de 2009.
-Certificación do secretario municipal de data 8 de xaneiro de 2010 en que se reflicte que no dito período non se presentaron alegacións.
-Certificado do acordo de aprobación provisional, adoptado polo Pleno do concello na súa sesión do 17 de decembro de 2009.
II. Consideracións e motivación.
Logo de analizar o expediente remitido polo concello e á vista do informe subscrito pola Subdirección Xeral de Urbanismo, cómpre facer as seguintes consideracións:
1. No proxecto remitido queda xustificada a preexistencia e o recoñecemento do núcleo rural de Sampaio, segundo nomenclátor de entidades de poboación da provincia de Ourense (Decreto 332/1996, do 26 de xullo).
2. Á vista da ordenación aplicable, a delimitación proposta para o asentamento tradicional é admisible, xa que cumpre os requisitos establecidos no artigo 13.3º da Lei 9/2002.
3. O réxime xurídico aplicable aos terreos incluídos na delimitación será o establecido pola Lei 9/2002 para o solo de núcleo rural.
4. Seralle igualmente aplicable, en todo aquilo que non vulnere nin vaia contra o dito réxime xurídico, o contido da ordenanza do solo non urbanizable de núcleo rural das vixentes normas complementarias e subsidiarias de planeamento provincial.
5. O proxecto non delimita área de expansión.
6. De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG (modificada pola Lei 15/2004) e a Orde do 11 de maio de 2009, sobre adscrición de órganos e delegación de competencias como consecuencia da entrada en vigor do Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleo rural correspóndelle a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
III. Resolución.
1. Visto canto antecede, apróbase definitivamente o proxecto de delimitación do solo de núcleo rural de Sampaio, na parroquia de Abades, Concello de Baltar (Ourense).
2. Contra esta resolución non caberá interpoñer recurso en vía administrativa e poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación, sen prexuízo da formulación, no seu caso, do requirimento previo en igual prazo (artigos 44 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), da xurisdición contencioso-administrativa.
3. Notifíquese esta resolución ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2010.
María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio
e Urbanismo