César Tejada - Gemma Rodríguez arquitectos. Estudio de arquitectura.

tramitación de subvenciones para la rehabilitación de viviendas

+ REHABILITACIONES, REFORMAS

- Galería de imágenes

- Listado de ayudas para la renovación de viviendas

- Otras tramitaciones y gestiones



| Más
<galería de imágenes de rehabilitación>

Rehabilitación de viviendas

Muchos de nuestros clientes nos solicitan que, con el proyecto arquitectónico, les tramitemos además las ayudas que la Xunta pone a su disposición para colaborar a sufragar en parte los costes.

Por ello ahora ya lo ofrecemos directamente a todos nuestros clientes que quieren rehabilitar sus viviendas.

A continuación se adjunta alguna información que puede resultar de interés para quienes se encuentren en esa situación:

Listado de todas las ayudas DISPONIBLES para la renovación o rehabilitación de viviendas


Volver a inicio

Ayudas a proyectos de energías renovables

Volver a inicio

Iva en la rehabilitación y reparación de viviendas para uso particular hasta el 31-12-2012

Volver a inicio

Listado de todas las ayudas FINALIZADAS para la renovación o rehabilitación de viviendas

Volver a inicio

Otras tramitaciones y gestiones

Le ayudamos con la tramitación de las licencias que necesite: construcciones, actividades, autorizaciones previas,..

Hacemos las consultas necesarias y aseguramos los pasos para procurar una tramitación lo más rápida posible. Le asesoramos sobre la documentación necesaria, preparamos la parte técnica y gestionamos la restante.

Presentamos la documentación ante los organismos competentes, tanto locales como autonómicos o estatales. Hacemos el seguimiento de la tramitación y nos encargamos de la aportación de documentación adicional o de las correciones oportunas.

Le mantendremos informado en todo momento del estado de los trámites y de las gestiones realizadas.

 

Volver a inicio

A Concellería de PERIs e Vivenda Pública abre unha nova convocatoria de axudas á rehabilitación de edificios no Casco Histórico e Seixalbo.

As solicitudes deberán ser Presentadas antes do mes de novembro.

O pasado día 8 de xullo de 2010, no Diario Oficial de Galicia nº 129, publicouse o acordo da Xunta de Goberno Local de data 17 de xuño de 2010 que aproba unha nova convocatoria de subvencións para a rehabilitación de vivendas e edificios nas Áreas de Rehabilitación Integral do Casco Histórico de Ourense e do núcleo etnográfico de Seixalbo, así coma as bases de dita convocatoria. As bases poden consultarse na páxina web municipal (www.ourense.es) no apartado Servizos do Concello - Subvencións 2010.

Esta convocatoria é moi similar ás efectuadas nos anos 2008 e 2009, se ben cómpre destacar algunhas novidades:

  •  Redúcese, por imperativo legal, o máximo da subvención ó 75 % do presuposto de execución das obras a subvencionar.
  •  Os solicitantes deberán acompañar á solicitude coa documentación habitual e cun certificado de rendas expedido pola AEAT, requisito derivado das limitacións que o Decreto da Xunta de Galicia que regula o desenvolvemento do Plan de Vivienda 2009 - 2012 introduce para solicitar as axudas en función da renda do solicitante.
  • Deberá de sinalarse na solicitude o exercicio orzamentario ó que se vai imputar a actuación, é dicir, o ano en que se vai a executar e rematar a obra de rehabilitación. Esta esixencia deriva nas novas regras de xestión das axudas que a Xunta de Galicia vén de establecer.

 É moi importante destacar a necesidade urxente de planificación das actuacións para o ano 2012. Nestres intres, a única financiación que está asinada para dita anualidade provén do convenio de data 22 de febreiro de 2010, que esixe definir as actuacións a executar nas distintas anualidades de vixencia ata o mes de novembro de 2010. De non ser así, non se poderá no futuro solicitar subvención para dito ano, a lo menos, ata que non se asinen novos convenios.

Para as actuacións a executar no ano corrente e en 2011, o Concello dispón de financiación procedente de convenios anteriores ao citado, polo que a data límite sinalada no párrafo anterior pode ser sobrepasada. Non obstante, recoméndase a presentación á maior brevidade das solicitudes, para un mellor reparto das actuacións entre os convenios existentes e o máximo aproveitamento dos fondos que veñen do convenio asinado en 22 de febreiro de 2010, tendo sempre en conta que, de esgotárense os fondos dos convenios anteriores, non se poderán outorgar máis subvencións con cargo á anualidade 2011 de dito convenio unha vez rebasada dita data límite de novembro de 2010.

A dependencia municipal que xestiona a tramitación das subvencións é o Servizo de Rehabilitación, VPP e PERIs, que se atopa na Rúa Primavera, 1, onde poderán dirixirse tódolos interesados para obter información e xestionar a presentación da solicitude.

 

Convocatoria de subvencións para a rehabilitación de vivendas e edificios nas áreas de rehabilitación integral do Casco histórico de Ourense e do núcleo etnográfico de Seixalvo (Anualidades 2010-2011-2012)

O pasado día 8 de xullo de 2010, no Diario Oficial de Galicia nº 129, publicouse o acordo da Xunta de Goberno Local de data 17 de xuño de 2010 que aproba unha nova convocatoria de subvencións para a rehabilitación de vivendas e edificios nas Áreas de Rehabilitación Integral do Casco Histórico de Ourense e do núcleo etnográfico de Seixalbo, así coma as bases de dita convocatoria.

Esta convocatoria é moi similar ás efectuadas nos anos 2008 e 2009, se ben cómpre destacar algunhas novidades:

  • Redúcese, por imperativo legal, o máximo da subvención ó 75 % do presuposto de execución das obras a subvencionar.
  • Os solicitantes deberán acompañar á solicitude coa documentación habitual e cun certificado de rendas expedido pola AEAT, requisito derivado das limitacións que o Decreto da Xunta de Galicia que regula o desenvolvemento do Plan de Vivienda 2009 - 2012 introduce para solicitar as axudas en función da renda do solicitante.
  • Deberá de sinalarse na solicitude o exercicio orzamentario ó que se vai imputar a actuación, é dicir, o ano en que se vai a executar e rematar a obra de rehabilitación. Esta esixencia deriva nas novas regras de xestión das axudas que a Xunta de Galicia vén de establecer.

É moi importante destacar a necesidade urxente de planificación das actuacións para o ano 2012. Nestres intres, a única financiación que está asinada para dita anualidade provén do convenio de data 22 de febreiro de 2010, que esixe definir as actuacións a executar nas distintas anualidades de vixencia ata o mes de novembro de 2010. De non ser así, non se poderá no futuro solicitar subvención para dito ano, a lo menos, ata que non se asinen novos convenios.

Para as actuacións a executar no ano corrente (2010) e en 2011, o Concello dispón de financiación procedente de convenios anteriores ao citado, polo que a data límite sinalada no párrafo anterior pode ser sobrepasada. Non obstante, recoméndase a presentación á maior brevidade das solicitudes, para un mellor reparto das actuacións entre os convenios existentes e o máximo aproveitamento dos fondos que veñen do convenio asinado en 22 de febreiro de 2010, tendo sempre en conta que, de esgotárense os fondos dos convenios anteriores, non se poderán outorgar máis subvencións con cargo á anualidade 2011 de dito convenio unha vez rebasada dita data límite de novembro de 2010.

 

Organismo xestor:

 

Prazos:

 

Bases:

 

Volver a inicio

Apertura del plazo de presentación de solicitudes para la adjudicación de ayudas para la rehabilitación de edificios y viviendas en el núcleo histórico de TUI.

T U I
E D I C T O
Anuncio de apertura do prazo de presentación de solicitudes para a adxudicación de axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas no núcleo histórico de Tui

De conformidade co disposto na Ordenanza reguladora das axudas para a Rehabilitación do Casco Histórico de Tui, publicada integramente no B.O.P. nº 132, do 9/07/08, faise pública a apertura do prazo de presentación de solicitudes para a adjudicación das axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas do Casco Histórico de Tui.
As solicitudes presentaranse no Concello de Tui nun prazo máximo de cinco ( 5) meses a contar dende o día seguinte á publicación no B.O.P. da presente convocatoria.
Na Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico do Concello de Tui están a disposición de tódolos interesados a información sobre os requisitos necesarios para solicitar ditas axudas (que se recollen tamén na ordenanza), así como os impresos normalizados para a presentación formal da solicitude.
En Tui a 4 de febreiro de 2010.—O Alcalde-Presidente, Antonio F. Fernández Rocha. 2010001686

 

T U I
E D I C T O
Habendose aprobado polo Pleno Municipal, en sesión oprdinaria de data 29 de maio de 2008 a aprobación definitiva da “Ordenanza reguladora das axudas á rehabilitación de edificios, vivendas e urbanización no ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui”, e de conformidade co establecido artigo 70.2, da lei de Bases de Réxime Local, procedese a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de anuncios deste Concello o seguinte acordo:

ORDENANZA REGULADORA DAS AXUDAS Á REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS, VIVENDAS E URBANIZACIÓN NO ÁMBITO DA ÁREA DE REHABILITACIÓN DO CONXUNTO HISTÓRICO DE TUI

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
En desenvolvemento dos convenios asinados entre a Consellería de Vivenda e o Concello de Tui, na presente Ordenanza regulaméntanse os criterios e procedementos que seguir para acceder ás axudas públicas á rehabilitación de vivendas e urbanización no ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto
histórico de Tui. Os programas de actuación subvencionados abranguen a rehabilitación de vivendas e edificios e os elementos comúns destes así como obras de urbanización. Estes programas de actuación pretenden estimular a rehabilitación integral do conxunto histórico, tanto na súa dimensión física, como na da súa necesaria revitalización social, económica e cultural.

Poderán acollerse ás subvencións aquelas actuacións de rehabilitación de vivendas que se atopen situadas dentro do ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui que estean conformes coas limitacións establecidas pola normativa urbanística vixente contando sempre coa autorización previa e preceptiva da Dirección Xeral de Patrimonio. As prioridades para seleccionar as solicitudes de intervención e as contías máximas de subvención son marcadas con carácter xeral cara a favorecer o non baleirado dos edificios, a instalación de locais sociais ou comerciais nas plantas baixas cos usos establecidos na normativa urbanística vixente, a conservación ou aumento do número de vivendas, a adecuación a casos de minusvalías.

Na procura de dar pulo ao uso residencial do barrio histórico e de dinamizar social e economicamente a súa rehabilitación, tamén se esixe o compromiso de habitar as vivendas xunto ao resto de documentación establecida. En todo caso, para garantir unha distribución xusta do orzamento dispoñible para estes efectos, as Administracións Públicas implicadas estudiarán de forma coordinada e conxunta cada solicitude individual de rehabilitación.

CAPÍTULO PRIMEIRO
DISPOSICIÓNS XERAIS
ARTIGO 1. OBXECTO

Esta Ordenanza regula o desenvolvemento e execución dos Convenios de colaboración entre a Consellería de Vivenda e o Concello de Tui en materia de actuacións na Area de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui, dentro do marco establecido nas 4ª, 5ª e 6ª fase, asinados en data 27 de abril de 2006, 23 de abril de 2007 e 8 de novembro de 2007, dentro do marco establecido polo Real Decreto 801/2005 , de 1 de xullo, polo que se aproba o Plan Estatal de Vivenda 2005-2008, co gallo de favorecer o acceso dos cidadáns á vivenda e Decreto 18/2006, do 26 de xaneiro, polo que se estableceron axudas públicas en materia de vivenda na comunidade autónoma de Galicia.

ARTIGO 2. ÁMBITO TERRITORIAL
O ámbito territorial desta Ordenanza é o da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico da Cidade de Tui, segundo o plano que se adxunta na Declaración de Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Tui, con data de 6 de setembro de 2001. Poderán establecerse novos ámbitos de aplicación a outras áreas de rehabilitación logo de que se aproben polo procedemento legalmente establecido.
En función do número de solicitudes e disposición orzamentaria, establecerase un orde de prioridades das actuacións, optándose por un modelo de actuación concentrada poñendo en valor os puntos de maior confluencia e oportunidade visual.

ORDE DE PRIORIDADES
1. Rúa Cuenca
2. Rueiros colindantes coa Muralla Medieval
3. Rueiros do entorno da Catedral
4. Rueiros interiores restantes da Zona Centro
5. Ámbitos de Santo Domingo e San Bartolomé

ORDE DE PREFERENCIA
1.—Os solicitantes con menor capacidade económica.
2.—Vivendas destinadas a uso propio ou alugamento.
3.—En edificios con usos compatibles en planta baixa.
4.—Intervencións contiguas en rúas.
5.—Mellora da imaxe dos edificios no conxunto histórico.
Os criterios anteriormente desglosados enténdese con carácter xeral, poidendo contemplarse excepcións ós mesmos tras unha analise individualizada do caso exposto e previa aprobación do órgano municipal competente.

ARTIGO 3. TIPOS DE ACTUACIÓN
As disposicións desta ordenanza son de aplicación ás seguintes actuacións:
a) Rehabilitación de edificios.
1. Actuacións de conservación, restauración, rehabilitación, reestructuración, adecuacións de condicións de ornato, salubridade, seguranza estructural, etc.
2. Actuacións nos elementos comúns das edificacións e de mellora e conservación dos elementos que demandasen os valores histórico-artísticos, arquitectónicos e/ou ambientais.
b) Rehabilitación de edificios dunha soa vivenda.
c) Rehabilitación de vivendas e actuacións para o acaemento das condicións de habitabilidade das vivendas en edificios residenciais.
d) Actuacións de urbanización e reurbanización.

ARTIGO 4. TIPOS DE AXUDAS ECONÓMICAS
1.—As axudas económicas abeiradas aos Convenios citados no artigo 1 terán o carácter de subvención a fondo perdido e poderán acollerse a elas calquera das actuacións consignadas no artigo 3 da presente Ordenanza.
2.—As axudas serán concedidas tendo en conta os informes técnicos emitidos a este respecto pola Oficina da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui e sempre que conten coas autorizacións preceptivas da Dirección Xeral de Patrimonio.
3.—Dentro das actuacións de rehabilitación en edificios as prioridades serán as seguintes:
1º) Actuacións en todo o edificio para a rehabilitación de vivendas sen baleirado interior que conleven un compromiso de implantación de actividades nun ou en varios locais de negocio en planta baixa, con usos permitidos pola normativa vixente.
2º) Actuacións en todo o edificio para a rehabilitación de vivendas sen baleirado interior sen levar parello compromiso de implantar actividades de negocio.
3º) Actuacións nunha soa vivenda.
4º) Actuacións nos elementos comúns das edificacións (fachadas, cuberta,...) e/ou de mellora dos elementos que demanden os valores histórico-artísticos, arquitectónicos e/ou ambientais.
Dentro destas actuacións entenderanse ademais incluídas:
— As implantacións de ascensores.
— As instalacións para a detección e prevención de incendios e habilitación de vías de evacuación.
— A supresión de antenas individuais e instalación de antenas colectivas.
— O acaemento de accesos e circulación para uso de minusválidos.
— Todas aquelas contempladas no Decreto 18/2006, de 26 de xaneiro e no RD 801/2005, de 1 de xullo, polo que se aproba o Plan Estatal 2005-2008, para favorecer ó acceso dos cidadás á vivenda.
4.—En igualdade de prioridade serán criterios de preferencia os seguintes:
— Os solicitantes con menor capacidade económica.
— Serán prioritarias as solicitudes de rehabilitación de vivendas destinadas a uso propio ou alugamento sobre as destinadas á venda.
— Nos casos de rehabilitación completa de edificios, aquelas que xunto ao uso residencial en plantas altas leven parella a implantación de actividade comercial en planta baixa.
— Intervencións contiguas segundo o artigo 2 da presente ordenanza.
— As intervencións que supoñan unha mellora da imaxe dos edificios no conxunto histórico.
5.—Os proxectos que supoñan o derrubamento total o parcial da edificación será unicamente nos supostos absolutamente imprescindibles e previo informe preceptivo da Dirección Xeral de Patrimonio.

CAPÍTULO SEGUNDO
AXUDAS Á REHABILITACIÓN

ARTIGO 5. CONFORMIDADE CO PLANEAMENTO
Os inmobles e os usos para os que se soliciten as axudas deberán estar conformes coas determinacións que marque a normativa urbanística vixente.
1.—No suposto primeiro ademais será imprescindible contar coa autorización previa e preceptiva da Dirección Xeral de Patrimonio.
2.—Poderán concederse axudas para edificios e elementos fora de ordenación para as actuación permitidas pola normativa urbanística vixente.
Nestes supostos reduciranse nun 25 % a contía das axudas que lle fosen de aplicación no disposto na presente ordenanza sendo imprescindible contar coa autorización previa e preceptiva da Dirección Xeral de Patrimonio.

ARTIGO 6. CONDICIÓNS DOS INMOBLES
1.—Os edificios deberán contar como mínimo có 50% da súa superficie útil destinada ao uso de vivenda despois de realizadas as actuacións de rehabilitación.
Non serán computables a estes efectos as superficies baixo rasante adicadas a garaxe-aparcamento vinculado aos usos residenciais de plantas superiores.
2.—As vivendas e edificios obxecto de actuacións de rehabilitación protexida deberán ter unha antigüidade maior de quince anos, salvo as excepcións contidas nos artigos 52 e 53 do RD 801/2005, de 1 de xullo.
3.—Non se protexerán actuacións en edificios que carezan de seguridade estructural e constructiva, de subministración eléctrica e/ou de acaída funcionalidade da rede de saneamento, agás que as obras inclúan as necesarias para a consecución das condicións sinaladas.
4.—As actuacións en vivendas deberán atender prioritariamente á mellora das condicións de habitabilidade relativas á distribución interior, instalacións de auga, electricidade, ventilación, iluminación natural e aireación, illamento térmico, servicios hixiénicos e instalación de cociña ou doutros
servicios de carácter xeral.

ARTIGO 7. BENEFICIARIOS
1.—Poderán ser beneficiarios das axudas á rehabilitación de vivenda os seus usuarios legais, como propietarios, arrendatarios ou titulares dalgún dereito de uso sobre elas, cando a vivenda constitúa o seu domicilio habitual e permanente.
2.—Tamén poderán solicitar as axudas os titulares de vivendas desocupadas sempre que a solicitude leve parello o compromiso de ocupalas eles mesmos ou a transmitilas ou cedelas a terceiras persoas en arrendamento ou de calquera outro xeito legalmente admisible, sempre que sexa como residencia habitual e permanente. Este compromiso terá que se cumprir denantes de transcorridos seis meses desde que finalizasen as obras, e ficarán condicionadas as axudas á efectiva ocupación das vivendas no dito prazo, que poderá ser prorrogado ata un ano por solicitude do interesado cando medie causa xusta, sen que se proceda á liquidación da axuda en tanto non se teñan efectivamente ocupado.
3.—Poderán ser beneficiarios das axudas á rehabilitación de edificios os propietarios ou titulares dalgún dereito de uso sobre as vivendas dos mesmos.
Será entón de aplicación o disposto sobre a ocupación no apartado 2. anterior.
4.—Poderán ser beneficiarios das axudas á rehabilitación de elementos comúns dos edificios os propietarios das vivendas ou titulares dalgún dereito de uso sobre elas.
5.—En todo caso deberán ser cumplimentados as condicións que se establecen no RD 801/2005 de
1 de xullo e o Decreto 18/2006,de 26 de xaneiro.

CAPÍTULO TERCEIRO:
PROGRAMAS DE ACTUACIÓN
ARTIGO 8. PROGRAMA DE CONSERVACIÓN, RESTAURACIÓN, REMODELACIÓN, REESTRUCTURACIÓN, E DEMOLICIÓNS PARCIAIS DE EDIFICIOS RESIDENCIAIS

As axudas previstas para a rehabilitación céntranse nos seguintes puntos:
1.—Establécese unha subvención a fondo perdido ata o 70 % do presuposto protexible das obras de rehabilitación que se realicen, sen que a subvención poida exceder de 9.000,00 € por vivenda, sempre
e cando a edificación xa conte con estructura interior de madeira.
2.—No caso das edificacións que non teñan a estructura tradicional de madeira, a subvención máxima será de ata o 70 % do presuposto protexible das obras de rehabilitación que se realicen sen que poida exceder de 7.000,00 €.

ARTIGO 9. PROGRAMA DE ACTUACIÓNS NOS ELEMENTOS COMÚNS DAS EDIFICACIÓNS E DE MELLORA E CONSERVACIÓN DOS ELEMENTOS QUE FORA REQUIRIDO A SÚA CONSERVACIÓN POLOS VALORES HISTÓRICO-ARTÍSTICOS, ARQUITECTÓNICOS E/OU AMBIENTAIS.
Establécese unha subvención a fondo perdido ata o 70% do presuposto protexible das obras de rehabilitación que se realicen, sen que a subvención poida exceder de 8.000,00 €.

ARTIGO 10. PROGRAMA DE ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN DUNHA SOA VIVENDA OU OBRAS PARA ACAEMENTO DAS CONDICIÓNS DE HABITABILIDADE
Establécese unha subvención a fondo perdido ata o 70 % do presuposto protexible das obras de rehabilitación que se realicen, sen que a subvención poida exceder de 6.000,00 € por vivenda.

ARTIGO 11. PROGRAMA DE ACTUACIÓNSDE URBANIZACIÓN E REURBANIZACIÓN
Destinaranse os presupostos aprobados nas fases correspondentes as obras de pavimentación e renovación das instalacións urbanas de distintas zonas da Area de Rehabilitación de Tui.

 

CAPÍTULO CUARTO
REQUISITOS XERAIS

ARTIGO 12. REQUISITOS XERAIS
Para os efectos de obter as axudas previstas nas presentes normas de procedemento, será necesario o cumprimento dos seguintes requisitos:
1.—As obras proxectadas deberán acadar a preceptiva autorización da Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral do Patrimonio Cultural previamente á concesión inicial das axudas.
2.—As obras proxectadas deberán obter a preceptiva Licencia Municipal de Obras; e al menos o 50% do edificio debe ter uso residencial unha vez finalizadas as actuacións.
3.—As obras que teñan por obxecto actuacións sobre os elementos comúns do edificio deberán garantir as debidas condicións de coherencia técnica e constructiva co estado de conservación do edificio e das instalacións.
4.—Non poderán subvencionarse actuacións sobre os elementos das vivendas das que as obras non consigan obte-las debidas condicións de adecuación de habitabilidade das mesmas, salvo casos debidamente xustificados.

ARTIGO 13. CONTÍAS DAS AXUDAS
As axudas económicas previstas nas presentes normas de procedemento terán as limitacións que a normativa especifique e estean establecidas no proceso de rehabilitación ou poidan establecerse perante a vixencia dos distintos convenios.

ARTIGO 14. PRESUPOSTO PROTEXIBLE
Por presuposto protexible entenderase o custo real das obras determinado pola suma do orzamento total do contrato de execución das obras, os honorarios facultativos e de xestión e os tributos satisfeitos por razóns das actuacións, así como os estudos arqueolóxicos e outros preceptivos ou necesarios para acometer a obra.
O presuposto protexible por vivenda non poderá exceder da contía máxima que resulte de aplicar a seguinte fórmula:
Pmpv = MUR x Su x Cp.
Pmpv = Presuposto máximo protexible por vivenda
MUR = Módulo Unitario de Rehabilitación. (Establécese na nas bases particulares reguladoras da convocatoria de axudas)
Su = Superficie útil da vivenda. (Porches, terrazas e almacéns computan o 50%)
Cp = Coeficiente (< 1) que devén da porcentaje establecida para cada Programa de Actuación: Rehabilitación de edificios: Cp=0,7. Rehabilitación de vivendas: Cp=0,5.

O presuposto protexible en actuacións de urbanización será o que resulte de sumalo IVE correspondente ó orzamento xeral.

ARTIGO 15. COMPATIBILIDADE DAS AXUDAS
Estas axudas son compatibles coas que no seu caso poda outorgar pola Consellería de Vivenda e Solo para a rehabilitación de inmobles situados en conxuntos históricos galegos, non pudendo en ningún caso a suma de ámbalas dúas do 80% da actuación protexible.

ARTIGO 16. PERDA DA AXUDA ECONÓMICA
Son causa da perda da axuda económica establecida as seguintes:
1.—A non adaptación das obras á normativa urbanística vixente ou lexislación sectorial de aplicación.
2.—A incorrecta execución das obras aprobadas.
3.—A non execución das obras consideradas.
4.—A execución de obras non informadas favorablemente previamente pola Oficina de Rehabilitación.
5.—O incumprimento, non xustificado, dos prazos establecidos para a execución das obras.
6.—Incumprimento dos requisitos establecidos pola presente ordenanza para a obtención da subvención.

ARTIGO 17. PROCEDEMENTO
1.—As solicitudes para calquera das Axudas presentaranse en instancia normalizada no Rexistro de entrada do Concello ou por calquera dos medios establecidos no Artigo 38, Lei 30/92, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
2.—Poderanse presentar durante o prazo de vixencia dos Convenios asinados entre o Concello de Tui e a Comunidade Autónoma de Galicia sempre que exista viabilidad orzamentaria.
3.—O/a peticionario/a deberá solicitar unha visita de inspección técnica previa á solicitude oficial
das axudas, mediante impreso normalizado.
Deberá achegar a información requerida e dar a súa conformidade ás obras inspeccionadas para as que se solicitan as axudas. A visita será efectuada polos técnicos da Oficina de Rehabilitación para comprobar o estado da edificación e asesorar ao peticionario nas posibilidades de mellora e rehabilitación dos inmobles. Xunto coa solicitude oficial das axudas presentarase toda a documentación necesaria establecidad no artigo 18 desta ordenanza.
4.—Trala visita realizarase por parte da Oficina de Rehabilitación un informe referido ás obras solicitadas, ás necesarias e ás recomendadas por dita oficina.

ARTIGO 18. SOLICITUDE DE AXUDA ECONÓMICA E DOCUMENTACIÓN
Realizada a visita de inspección e obtida a licencia de obras correspondente, as solicitudes de axudas económicas presentaranse en impreso oficial normalizado, coa achega da seguinte documentación:
1. Relativa ao solicitante.
a) Fotocopia do DNI do/a solicitante e, de ser o caso, do representante, debidamente compulsado.
b) Cando se trate de actuacións nos elementos comúns dos edificios en réxime de propiedade horizontal deberá achegarse certificación do/a secretario/a da comunidade de propietarios da acta da reunión en que se designou o seu presidente ou presidenta e da acta na que se recolla o acordo de realización das obras. Se non existise comunidade de propietarios legalmente constituída, deberá achegarse un escrito no que conste a conformidade de todos os copropietarios coa realización das obras.
2. Documentación acreditativa da titularidade do inmoble.
a) Nos supostos de propiedade ou dereito de uso: contrato de compravenda, certificación ou nota simple do Rexistro da Propiedade, escritura de partición do legado hereditario, testamento e certificado de últimas vontades, escritura pública de doazón, ou calquera outra documentación que acredite suficientemente a titularidade do inmoble.
b) Nos supostos de arrendamento.
Se as obras son promovidas polo inquilino, deberá achegarse fotocopia do contrato de arrendamento, escritura da propiedade e do convenio entre o propietario e o inquilino no que se faga constar a descrición das obras e a autorización do propietario para realizalas, cando tal autorización sexa legalmente esixible.
Se as obras son promovidas polo propietario, deberá achegarse o convenio entre este e o inquilino no que se faga constar a conformidade deste coas obras e, de ser o caso, a súa repercusión na renda contractual e nas demais condicións pactadas.

3. Documentación relativa ao destino da vivenda.
a) Cando o solicitante sexa ou vaia ser residente habitual e permanente da vivenda para rehabilitar deberá achegar: certificado de empadroamento e/ou compromiso escrito de destinar a vivenda á súa residencia habitual e permanente polo menos durante un período de cinco anos dende a aprobación definitiva
das axudas solicitadas.
b) Cando o solicitante non habite na vivenda para rehabilitar: compromiso escrito de destinar a vivenda a residencia familiar habitual e permanente, propia ou de terceiras persoas, no prazo máximo de seis meses e de manter a súa ocupación, cando menos, por cinco anos contados dende a aprobación definitiva das
axudas.
c) Nos supostos nos que se comprometa o establecemento de locais de negocio aos que se fai referencia no artigo 4.3 desta Ordenanza, deberá achegarse un compromiso expreso da persoa que o vai poñer en marcha.
4. Documentación acreditativa dos ingresos e da composición familiar.
Será potestativa nas solicitudes ás que se fai mención na presente ordenanza, de cara á orde de preferencias establecida no artigo 4.4. No caso de ser necesaria presentará co resto da documentación a información pertinente, e como mínimo será a declaración da renda ou declaración xurada de ingresos, e informe da asistente social.
5. Documentación relativa as obras:
a) No caso de obras maiores será requisito imprecindíbel xuntar proxecto das obras que se pretenden levar a cabo.
O proxecto básico e de execución que se presente para posterior solicitude de licencia de obra maior quedará vinculado ao anteproyecto que se presentou para a solicitude da axuda e consulta previa a Delegación de Patrimonio Cultural de Galicia da Consellería de Cultura e Deporte, sendo causa de perda
da axuda o feito de realizar modificacións nos citados documentos técnicos.
b) De seren obras menores, a lo menos presentará unha descripción das obras que se desecan acometer, un presuposto das mesmas e plano de situación na cartografía oficial ou número de identificación catastral.
6. Declaración xurada de todas as subvencións solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas, como as pendentes de rersolución das distintas Administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, para as actuacións subvencionables por esta Ordenanza.
7. Fotografías do estado actual do inmoble.
8. Calquera outra que se considere precisa para complementer a documentación anterior.
A presentación da solicitude de subvención implpica a aceptación das bases e obrigas establecidas na presente Ordenanza, así como a autorización para acadar os datos en poder das administracións públicas que sexan necesarios para a tramitación da solicitude.

ARTIGO 19. APROBACIÓN INICIAL DAS AXUDAS
Achegada a solicitude e a documentación complementaria que corresponda, e logo dos informes oportunos, a Xunta de Goberno Local do Concello resolverá sobre o traslado da documentación a Dirección Xeral de Fomento eCalidade da Vivenda da Consellería de Vivenda e Solo para a concesión inicial das axudas.

ARTIGO 20. SOLICITUDE DE LICENCIA URBANÍSTICA
Os interesados deberán achegar a solicitude de licencia urbanística nun prazo non superior a un mes dende que lles sexa notificado o acordo de aprobación inicial do expediente segundo a proposta motivada da Oficina de Rehabilitación do Concello.
Se transcorrido o dito prazo, non se achega a solicitude de licencia, arquivarase o expediente, previo trámite de audiencia ao interesado.

ARTIGO 21. CONTRATACIÓN DAS OBRAS
Os solicitantes poderán contratar as obras coas empresas ou profesionais que consideren máis oportuno. No contrato deberá figurar o prazo previsto na concesión das axudas para a súa execución.
A sinatura dos contratos poderá realizarse na Oficina de Rehabilitación, que prestará o asesoramento pertinente e arbitrará entre as partes cando lle sexa demandado por elas. En calquera caso obrará na dita Oficina copia dos contratos.
En todo caso darase cumprimento o establecido na lei 38/2003, de 17 de novembro (Lei Xeral de Subvencións) e restante normativa estatal e autonómica.
Constará, na oficina de rehabilitación, o orzamento de execución definitivo das obras.

ARTIGO 22. INICIO DAS OBRAS
As obras deberán iniciarse no prazo máximo de dous meses a partir da notificación da aprobación inicial da subvención. O devandito prazo poderá prorrogarse polo mesmo prazo, logo de solicitude xustificada. Trascorrido este período sen as obras teñan comenzado, arquivarase o expediente tras trámite de audiencia ao interesado.
O solicitante promotor das obras comunicaralle formalmente á Oficina de Rehabilitación a data de comenzo das obras, o prazo de execución, as empresas que interveñen e o importe do orzamento das obras de cada empresa, de forma que poida quedar constancia destes datos.
O promotor terá a obriga de manter colocado o cartel informativo do programa de axudas para a rehabilitación, de acordo co deseño proposto, durante a execución das obras e áte o cobro total das axudas solicitadas.

ARTIGO 23. EXECUCIÓN DAS OBRAS
O prazo de execución das obras será o establecido no acordo de concesiónn inicial das axudas. Este prazo poderá ser prorrogado por proposta da oficina de rehabilitación, ptrevia autorización da Delegación Provincial da Consellería de Vivenda e Solo, se así o demanda o promotor solicitante das axudas, dentro do prazo inicialmente concedido, e por causa xustificada. A prorroga só se concederá unha vez e non poderá exceder a súa duración do tempo prescrito para o prazo orixinal.
A interrupción das obras por un prazo superior aos tres meses sen causa xustificada producirá a caducidade das axudas inicialmente concedidas.
As obras deberán axustarse ás prescricións contidas no proxecto técnico ou documentación que serviu de base para a concesión inicial das axudas, non admitíndose máis modificacións na súa execución que as informadas favorablemente pola Oficina de Rehabilitación, que, en todo caso, deberán estar amparadas pola correspondente licencia urbanística e autorización previa da Consellería de Patrimonio Cultural.
A Oficina de Rehabilitación prestará o seu asesoramento técnico na execución das obras, e poderá en todo caso supervisar de oficio as obras sempre que se considere oportuno, co obxecto de comprobar a súa correcta execución e o cumprimento das condicións a que se encontren sometidas en virtude das axudas concedidas.

ARTIGO 24. REMATE DAS OBRAS
Finalizadas as obras tramitarase a aprobación definitiva da axuda logo da presentación da documentación redactada polo sue técnico director e as facturas correspondentes, co fin de que os servicios técnicos da Oficina de Rehabilitación redacten o correspondente informe no que se fará constar, cando menos, as datas de inicio e finalización das obras e o seu custo final, así como o cumprimento das condicións ás que estean sometidas as actuacións.
Para as obras que precisen de licencia de primeira ocupación, o outorgamento desta será imprescindíbel para continuar co trámite de aprobación definitiva das axudas.

ARTIGO 25. APROBACIÓN DEFINITIVA DAS AXUDAS
A partir da elaboración do informe de final de obra ou, de ser o caso, desde que se acredite o cumprimento das condicións sinaladas na aprobación inicial, a Oficina de Rehabilitación someterá o expediente ao órgano municipal correspondente para que este resolva sobre a aprobación definitiva das
axudas.
As axudas concedidas inicial e definitivamente serán aboadas unha vez que certifique o Concello a finalización das obras e que a Consellería de Vivenda e Solo emita o documento de cualificación definitiva.

ARTIGO 26. CAUSAS DE DENEGACIÓN E PERDA DAS AXUDAS
As axudas poderán ser denegadas polas seguintes causas:

1º) Non reunir as condicións esixidas polo RD 801/2005, de 1 de xullo, polo Decreto 18/2006,de 26 de xaneiro e polo establecido nesta ordenanza relativas aos solicitantes ou aos inmobles para rehabilitar.
2º) Iniciar as obras sen dar conta á Oficina de Rehabilitación.
3º) Incumprir os prazos sinalados na aprobación inicial, ou nas prórrogas concedidas, así como as condicións relativas á ocupación das vivendas.
Será causa de denegación non executar as obras dentro do prazo concedido. Non obstante, poderá outorgarse cualificación definitiva naqueles casos en que, acadada a seguridade estructural e habitabilidade da vivenda e cumpridos os demais requisitos, se comprobe que as obras executadas de entre as aprobadas cheguen como mínimo ao 75 por 100 do orzamento protexido.
4º) A realización de obras non previstas no proxecto e que non estean autorizadas pola Oficina de Rehabilitación e amparadas pola licencia urbanística e autorización da Consellería de Cultura e Deportes.
5º) O impedimento ou obstaculización do acceso ás obras aos técnicos da Oficina de Rehabilitación por parte do promotor ou do contratista.
6º) A grave incorrección técnico-constructiva das obras, apreciada pola Oficina de Rehabilitación e constatada, no proxecto ou na súa execución.

ARTIGO 27. DEVOLUCIÓN DE SUBVENCIÓNS POR INFRACCIÓN
O non cumprimento das condicións establecidas nesta Ordenanza, así como a comisión de infracción urbanística ipificada como grave ou moi grave nos inmobles obxecto das axudas desta ordenanza por parte dos seus beneficiarios no prazo de cinco anos dende a finalización das obras determinará a obriga de devolver o importe das subvencións percibidas cos réditos que correspondan, sen prexuízo das sancións que lles puidesen ser impostas.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA.
Módulo unitario de rehabilitación
O Módulo Unitario de Rehabilitación fíxarase para cada fase de acordo coas bases particulares reguladoras de subvencións para actuacións en vivenda na área de rehabilitación do conxunto histórico de TUI. Podendo ser revisado para as sucesivas fases nas citadas bases particulares.

DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA. Convenios
Mediante convocatorias específicas, poderán establecerse liñas de axudas para actuacións de rehabilitación de inmobles destinados a usos de interese público, social ou cultural, logo do correspondente convenio que han establecer o Concello e os promotores das actuacións, no que se determinará en cada caso a contía das subvencións e demais condicións das axudas.

DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA.
Promocións tuteladas
O Concello, por si mesmo ou en convenio con outras institucións e organismos públicos, poderá promover e desenvolver actuacións de rehabilitación destinadas ao aloxamento en alugueiro de vivendas e/ou locais en edificios de particulares e institucións mediante cesión de uso e aproveitamento deles, establecido mediante convenio cos propietarios, co fin de recuperar o investimento realizado no edificio rehabilitado.
Para o cálculo do período de cesión do edificio considerarase: a superficie útil cedida e a situación do edificio, o importe das obras realizadas no mesmo, e o presuposto total, suma dos gastos originados pola actuación, que deberá ser amortizado mediante o alugueiro das súas partes.
A dispoñibilidade e selección dos inmobles serán establecidas mediante convocatoria pública, igual cá oferta de alugueiro das vivendas ou locais.

DISPOSICIÓN ADICIONAL CUARTA. Axudas a locais comerciais e outras actividades económicas
Mediante convocatorias específicas poderán establecerse liñas de axudas á mellora e actualización dos locais de comercio e outras actividades económicas na cidade histórica.

DISPOSICIÓN ADICIONAL QUINTA. Constitución dunha comisión de seguimento
Constituirase unha Comisión de Seguimento dos programas de rehabilitación que supervisará a tramitación dos expedientes de axudas e a documentación técnica presentada. Esta Comisión estará integrada, cando menos, polo Alcalde-presidente do Concello ou persoa na que delegue, os concelleiros con delegacións en materia de urbanismo, o/a concelleiro/a delegado/a de Cultura, os voceiros de tódolos grupos municipais, un representante da Intervención de fondos, un representante da Oficina de Rehabilitación, o/s técnico/s do equipo municipal con competencias sobre os ámbitos da cidade con planeamento especial de protección. Tamén poderán participar na mesma aqueles outros técnicos ou personalidades que sexan invitados por razón da súa competencia técnica ou profesional.

DISPOSICIÓN FINAL
Conforme co establecido nos artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, esta ordenanza entrará en vigor ós quince (15) días hábiles da súa publicación completa no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, unha vez aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación, e rexerá en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación.
Tui, 9 de xuño de 2008.—O Alcalde, Antonio F. Fernández Rocha. 2008006517

Le ayudamos con la tramitación de las licencias que necesite: construcciones, actividades, autorizaciones previas,..

Hacemos las consultas necesarias y aseguramos los pasos para procurar una tramitación lo más rápida posible. Le asesoramos sobre la documentación necesaria, preparamos la parte técnica y gestionamos la restante.

Presentamos la documentación ante los organismos competentes, tanto locales como autonómicos o estatales. Hacemos el seguimiento de la tramitación y nos encargamos de la aportación de documentación adicional o de las correciones oportunas.

Le mantendremos informado en todo momento del estado de los trámites y de las gestiones realizadas.

 

Volver a inicio

Ordenanza que regula las ayudas para la restauración y rehabilitación de edificios y viviendas en el área de rehabilitación del Conjunto Histórico de CAMBADOS.

A N U N C I O
Téndose elevado a definitivo o acordo de aprobación inicial da ordenanza municipal pola que se regulan as axudas para a restauración e rehabilitación de edificios e vivendas para a área de rehabili tación do Conxunto Histórico de Cambados, dando cumprimento ó disposto polo artigo 70.2 da Lei 7/1985 , Reguladora das Bases de Réxime Local, faise público o seu texto íntegro que é o seguinte:

ORDENANZA MUNICIPAL POLA QUE SE REGULAN ASAXUDAS PARA A RESTAURACIÓN E REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN DO CENTRO HISTÓRICO DE CAMBADOS.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A presente Ordenanza pretende axustarse ao novo marco normativo establecido polo Plan de Vivenda 2009-2012 ao tempo que se seguen a executar os Convenios incluidos no Plan de Vivenda 2005-2008, ata rematar as anualidades de financiamento previstas en desenvolvemento de ditos convenios asinados entre a antiga Consellería de Vivenda (Plan 2005-2009) e a nova Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, e o Concello de Cambados, nesta Ordenanza regulaméntase os criterios, prioridades e procedementos a seguir para acceder ás axudas públicas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación do Centro Histórico de Cambados.

O obxetivo das Áreas de Rehabilitación é frear o proceso de degradación e estimular a rehabilitación e renovación urbana do Conxunto Histórico, tanto na súa dimensión física, como na súa necesaria rehabilitación social económica e cultural. Para isto ponse en marcha o programa de actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas e de renovación de espazos urbanos consolidados, e se constitúe a
Oficina de Rehabilitación coma órgano de información, vixilancia, asesoramento técnico, tramitación e xestión das axudas.

Para garantir unha distribución xusta do orzamento dispoñible para estes efectos, as Administracións públicas implicadas estudiarán de forma coordenada e conxunta cada solicitude individual de rehabilitación, procurando unha xestión axeitada dos recursos, en base os obxetivos propostos.

CAPÍTULO 1. ÁMBITO E CONDICIÓNS XERAIS DAS ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN

ARTIGO 1. MARCO NORMATIVO PARTICULAR
1.—Para os Convenios subscritos antes do ano 2009:
— Real Decreto 801/2005, de 1 de xullo, polo que se aproba o Plan Estatal 2005-2008, para favorecer o acceso dos cidadáns á vivenda.
— Decreto 18/2006, de 26 de xaneiro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real Decreto 801/2005, do 1 de xullo, para o periodo 2005-2008.
2.—Para os Convenios subscritos no ano 2009 e posteriores:
— Real Decreto 2066/2008, de 12 de decembro, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012.
— Decreto 402/2009, de 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma
de Galicia e se regula a xestión das previstas no R.D 2066/2008, do 12 de decembro, para o periodo 2009-2012.

ARTIGO 2. ÁMBITO TERRITORIAL
O programa de rehabilitación e de renovación urbana é de aplicación nos seguintes ámbitos:
1.—Ámbito do Plan Especial de Protección e Ordenación do Conxunto Histórico Artístico, PEPOCHA, aprobado definitivamente polo Concello en pleno en decembro de 1999, e declarado Área de Rehabilitación por Resolución do Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia de data 10 de decembro de 2001.
2.—Ámbito do entorno de Santa Mariña Dozo, delimitado polas Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal co Plan Especial de Protección e Acondicionamento PE-4, pendente de aprobación, que tamén se inclúe dentro da declaración de Área de Rehabilitación.

ARTIGO 3. ACTUACIÓNS PROTEXIDAS
1.—Considéranse actuacións protexidas aquelas actuacións en edificios e vivendas que cumpran as condicións que para a cualificación de actuacións protexidas establece o marco normativo establecido no artigo 1
2.—O programa de rehabilitación inclue todas aquelas actuacións en edificios e vivendas encamiñadasá mellora da habitabilidade, seguridade, accesibilidade, estanqueidade, eficiencia enerxética e emprego de enerxías sustentables.
3.—As actuacións de rehabilitación deberán respectar no posible as características tipolóxicas da edificación primitiva, conservando os seus elementos singulares e tradicionais e respectando en todo caso os seus valores históricos, artísticos, arquitectónicos ou ambientais.

ARTIGO 4. CONFORMIDADE CO PLANEAMENTO
1.—Os inmobles e os usos para os que se soliciten as axudas deberán estar conformes coas determinacións dispostas na Normativa do Plan Especial de Protección e Ordenación do Conxunto Histórico- Artístico de Cambados (PEPOCHA), ou ben acadar a súa conformidade unha vez rematadas as obras obxeto das axudas
2.—As obras obxeto das axudas deberán contar co Dictame Favorable da Comisión Técnica do Patrimonio Histórico do Municipio de Cambados, exceptuando aquelas obras menores que, segundo o criterio dos técnicos municipais responsables, poidan obter a licencia municipal de obras de forma directa. En todo caso, todos os expedientes de rehabilitación deberán contar coa preceptiva licencia de obras.
3.—As actuacións deberán axustarse ás instruccións técnicas dictadas pola Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestructuras, e aos criterios técnicos de rehabilitación establecidos pola Oficina Técnica Municipal de Rehabilitación.

ARTIGO 5. CONDICIÓNS QUE DEBEN CUMPRIR OSINMOBLES
1.—As vivendas e edificios obxeto das actuacións de rehabilitación protexida deberán ter unha antiguedade superior aos dez anos.
2.—As vivendas e edificios obxeto das actuacións de rehabilitación protexida deberanse destinar a domicilio habitual e permanente do seu propietario, ou ao arrendamento, alomenos durante 5 anos trala finalización das obras de rehabilitación.
3.—As actuacións nas vivendas e edificios deberán adaptarse as prioridades e criterios establecidos no capítulo 3.
4.—Non se protexerán obras iniciadas con anterioridade á data de entrada no rexistro do Concello da solicitude de rehabilitación e á visita e inspección por parte dos técnicos da Oficina de Rehabilitación.

ARTIGO 6. CONDICIÓNS QUE DEBEN CUMPRIR OSPROMOTORES
1.—Os promotores deberán cumprir as condicións establecidas no marco normativo sinalado no artigo 1.
2.—Para os novos Convenios os ingresos familiares ponderados das persoas físicas beneficiarias das axudas non poderán exceder de 6,5 veces o IPREM, cando se trate da rehabilitación, para uso propio, de elementos privativos dos edificios (vivendas).

 

CAPÍTULO 2.- FINANCIAMENTO DAS ACTUACIÓNSDE REHABILITACIÓN

ARTIGO 7. ORZAMENTO PROTEXIDO
1.—Considérase orzamento protexido o Custe Real das obras determinado pola suma do orzamento total do contrato de execución das obras, os honorarios facultativos e de xestión, os tributos satisfeitos por razón das actuacións, así como os estudos arqueológicos e outros preceptivos ou necesarios para a execución das obras, máis o Imposto do valor engadido (IVE) correspondente. Considérase
orzamento do contrato de execución o orzamento de execución material da obra máis os gastos xerais e o beneficio industrial, que se cifran respectivamente no 13 por cento e no 6 por cento do dito orzamento de execución material.
2.—Aos efectos do orzamento máximo protexido se computará unha superficie útil máxima de 90 m2 por vivenda.
3.—A contía mínima de orzamento protexido se cifra en 1.000 €.
4.—Para o cálculo do Custe Real da rehabilitación establécense como prezos máximos os das distintas partidas do catálogo de prezos de rehabilitación determinados polo IGVS. Para as partidas non definidas teranse en conta os prezos da base de datos da construción de Galicia publicadas, e os rendementos por asimilación a outras partidas.

ARTIGO 8. TAXAS MUNICIPAIS
As actuacións desenvolvidas ó abeiro desta Ordenanza, así como todas as actuacións de rehabilitación desenvolvidas dentro da delimitación do Conxunto Histórico establecida polo PEPOCHA, beneficiaranse dunha bonificación do 50% na Taxa por licencia de obras así como no Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras.

ARTÍGO 9. CONTÍA DAS AXUDAS
1.—As axudas ao financiamento das actuacións protexidas nas ARIS consistirán en préstamos convidos, sen subsidiación, e subvencións, destinadas aos promotores das actuacións.
2.—A concesión das axudas outorgarase unha vez obtida a cualificación definitiva das actuacións. En todo caso, estará limitada ao financiamento outorgado nos respectivos acordos subscritos no marco das comisións bilaterais de seguimento.
3.—As contías das axudas veñen determinadas polo marco normativo que figura no art. 1 desta Ordenanza.

ARTIGO 10. COMPATIBILIDADE DAS AXUDAS
1.—As axudas para as actuacións de rehabilitación son compatibles coas dos programas autonómicos de rehabilitación de inmobles situados en conxuntos históricos galegos.
A Oficina de Rehabilitación poderá realizar os trámites necesarios para acadar as axudas á rehabilitación de inmobles situados nos conxuntos históricos galegos.

CAPÍTULO 3º.- CRITERIOS DE SELECCIÓN PARA A TRAMITACIÓN DAS AXUDAS

ARTIGO 11. PRIORIDADE DE CRITERIOS
A tramitación das axudas dependerá das prioridades e os criterios que se establecen no presente artigo. Neste sentido consideraranse as prioridades tendo en conta as actuacións de rehabilitación solicitadas, así como as obrigas dos propietarios que se establecen no segundo apartado.

Prioridades segundo as actuacións solicitadas:
1.—Con carácter xeral terán prioridade as actuacións de restauración e mellora do volumen externo da edificación, así como aquelas actuacións en elementos comúns e/ou singulares que supoñan unha mellora dos seus valores histórico-artísticos e/ou ambientais
— Neste apartado tamén se incluen as edificacións que polo seu estado ruinoso precisen dunha Rehabilitación Integral.
— As actuacións nas fachadas incluen calquera obra de restauración, consolidación ou reforma dos paramentos exteriores, así como a
restauración e/ou sustitución da carpintería exterior.
— Nas fachadas realizadas con fábrica de ladrillo ou formigón non se protexerán os aplacados completos con lousas de pedra ou de calquera outro material.
— En canto ao cerramento dos ocos priorizaranse as carpintarías realizadas en madeira. De calquera xeito, será o criterio dos técnicos da Oficina o que prime para a selección do material máis idóneo en cada caso concreto, sen obviamente contradecir a normativa do Plan Especial do Conxunto Histórico
— As actuacións nas cubertas incluen o retello, a sustitución de canalóns e baixantes, así como a restauración ou substitución de toda
a estructura de cuberta. Neste caso terán prioridade as estruturas realizadas con armazón de madeira.
2.—No caso de que o edificio presente o volumen externo (fachadas e cuberta) acorde coa normativa establecida polo Plan Especial do Conxunto Histórico e nun estado de conservación e de integración ambiental aceptable, poderanse protexer obras no interior do inmoble:
— Neste apartado priorizaranse aquelas actuacións que supoñan unha mellora das condicións construtivas e estruturais, sempre que
estas se fagan coas técnicas construtivas e materiais tradicionais, e dicir, con estruturas realizadas en madeira. Non se construirán,
ao abeiro desta ordenanza, forxados continuos realizados en formigón.
— Tamén se priorizan as actuacións consistentes na erradicación de barreiras arquitectónicas e adaptación da vivenda para persoas
maiores, discapacitadas ou con mobilidade reducida.
— Tamén se priorizarán as obras de mellora das condicións de ventilación, iluminación, aireación, das condicións hixénico-sanitarias, auga e saneamento.
— Logo virían as obras de electricidade, calefacción, telefonía, telecomunicacións, supresión de antenas individuais e instalación de
antenas colectivas, instalacións para a detección e prevención de incendios e habilitación de vías de evacuación.
— No caso de que o edificio teña cubertas as necesidades expostas nos apartados anteriores poderanse protexer obras de distribución de espazos e acabamentos interiores: tabicaría, revocaduras, pintura, pavimentos, solados, alicatados, falsos teitos, etc.

ARTIGO 12. OBRIGAS DOS PROPIETARIOSPARA A TRAMITACIÓN DAS AXUDAS
Debido a que os Convenios se artellan en anualidades orzamentarias pechadas, e pola necesidade de axilizar o máis posible a tramitación para cumprir cos obxetivos orzamentarios aprobados, as prioridades para a rehabilitación de vivendas establecidas no capítulo anterior estarán sempre condicionadas polos seguintes apartados que se refirenás obrigas dos propietarios das vivendas, e polo Capítulo 4º referido ao procedemento administrativo.
1.—A apertura dun expediente de rehabilitación para calquera tipo de obra nun edificio ou vivenda queda condicionada á adecuación do seu volume externo á normativa urbanística aplicable e, no seu caso, ás instrucións técnicas dictadas pola Consellería, e aos criterios técnicos e estéticos establecidos pola Oficina. A tramitación da axuda estará sempre condicionada a que o volume exterior do inmoble presente un grado correcto de integración no contorno urbano.
De calquera xeito, as obras para a adecuación do volume exterior incluiranse no expediente de rehabilitación, tramitándose para as axudas conxuntamente coas obras solicitadas polo promotor
2.—A tramitación do expediente queda condicionada pola entrega do presuposto da empresa encargada das obras ao que se refire o Artigo 14. Non se abrirá un expediente de rehabilitación sen a entrega deste presuposto. O expediente e tramitación comezarase unha vez fixado o Custe Real da obra entre a empresa contratada e a Oficina de Rehabilitación, segundo se especifica no devandito artigo.
3.—A obtención das axudas estará sempre condicionada polo menor prazo no comezo e execución das obras. A Oficina poñerá todos os medios necesarios para cumprir os ritmos de execución de cada anualidade orzamentaria, tendo en conta o establecido no capítulo de trámites administrativos e procedemento.

CAPÍTULO 4º.- TRÁMITES ADMINISTRATIVOS E PROCEDEMENTO

ARTIGO 13. DOCUMENTACIÓN RELATIVAAO SOLICITANTE
A Oficina de Rehabilitación asesorará e prestará toda a axuda que precise o solicitante para reunir a documentación á que se refire o presente artigo
a) Os peticionarios deberán presentar no rexistro de entrada do Concello unha instancia segundo o modelo que se lle facilitará na Oficina
de Rehabilitación, xunto á fotocopia do seu DNI.
b) As solicitudes poderanse presentar dentro dos prazos que determine o Concello, que poderán ser de tres a seis meses durante o prazo
de vixencia do Convenio asinado entre o Concello de Cambados e o IGVS, sempre que exista consignación orzamentaria.
c) A Oficina de Rehabilitación asesorará e prestará a axuda que precise o solicitante para reunir a documentación á que se refire o presente
artigo.
d) Cando se trate de actuacións nos elementos comúns dos edificios en réxime de propiedade horizontal deberá achegarse certificación do secretario da comunidade de propietarios da acta da reunión na que se recolla o acordo de realización das obras. No caso de non
existir comunidade de propietarios legalmente constituida, deberá achegarse un escrito no que conste a conformidade de todos os propietarios coa realización das obras de rehabilitación.
f) Documentación acreditativa da titularidade do inmoble.
— Nos supostos de propiedade ou dereito de uso: contrato de compraventa, certificación ou nota simple do Rexistro da Propiedade,
escritura de partición do legado hereditario, testamento e certificado deúltimas vontades, escritura pública de doazón, ou calquera outra documentación que acredite suficientemente a titularidade do inmoble.
— Nos supostos de arrendamento: Se as obras son promovidas polo inquilino, deberá achegarse fotocopia do contrato de arrendamento e o acordo entre o propietario e o inquilino no que se faga constar a descrición das obras e a autorización do propietario para realizalas, cando tal autorización sexa legalmente esixible
Se as obras son promovidas polo propietario, deberá achegarse o acordo entreéste e o inquilino no que se faga constar a conformidade do segundo coas obras e, de ser o caso, a súa repercusión na renda contractual e nas demáis condicións pactadas.
g) Compromiso escrito de destinar a vivenda a residencia familiar habitual e permanente, propia ou de terceiras persoas.
h) Declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para un mesmo proxecto, das distintas administracións
públicas competentes.
i) Última Declaración da Renda das Persoas Físicas ou, no seu caso, Certificado de Ingresos familiares expedido pola Axencia Tributaria.
j) Calquera outra documentación requirida pola Oficina de rehabilitación ou, no seu caso, polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

ARTIGO 14. EXPEDIENTE DE REHABILITACIÓN
1.—Unha vez realizada a solicitude, a Oficina de Rehabilitación realizará unha visita de inspección técnica co fin de comprobar o estado da edificación e valorar as obras para as que se solicitan as axudas.
En todo caso a Oficina facilitará a asistencia técnica e o asesoramento preciso ao solicitante para a definición previa das obras.
2.—Concretadas as obras de rehabilitación cos técnicos da Oficina, o propietario deberá achegar un presuposto da empresa construtora encargada das obras. Este presuposto deberá estar detallado por partidas de obra no que deberán figurar alomenos os metros cadrados en cada unha das partidas, o prezo por metro cadrado e o importe de cada partida, así como o importe total da obra.
A Oficina poderá axudar á empresa construtora a confeccionar este presuposto e elaborará outro presuposto co fin de comprobar que os seus prezos non exceden os prezos das bases ás que se refire o Artigo 7 desta Ordenanza. No caso de que os prezos do construtor sexan maiores que os do presuposto elaborado pola Oficina, será este último o que forme parte do expediente de subvención, invalidando
a todos os efectos o presuposto aportado pola empresa construtora.
O contrato ou presuposto de obra que figurará no expediente de rehabilitación deberá ser asinado polo construtor e polo propietario da vivenda, dando así a súa conformidade co mesmo.
3.—O propietario terá un prazo de tres meses para a entrega do presuposto. Transcorrido dito prazo notificarase ao propietario a finalización
deste periodo e daráselle un novo prazo de 15 días. Transcorrido este prazo procederase ao arquivo do expediente e quedará invalidada a súa solicitude. Neste caso o propietario poderá realizar unha nova solicitude se non finalizou o periodo de solicitude do ano en curso. De calquera xeito, o propietario sempre terá a posibilidade de realizar outra solicitude no prazo que se abra nas seguintes anualidades,
sempre e cando exista convenio entre o Concello e o IGVS.
4.—Os peticionarios poderán solicitar o proxecto e a asistencia técnica ou encargar pola súa conta estes servizos. Sempre que as obras non entrañen unha grande complexidade técnica a Oficina de Rehabilitación será a encargada de elaborar toda a documentación técnica necesaria para a obtención da licenza, así como da dirección facultativa das obras. Os expedientes-proxectos elaborados pola
Oficina, ademais da documentación relativa ao solicitante, deberán conter como mínimo a seguinte documentación:
a) Memoria do Proxecto, que estará integrada por:
- Obxeto das obras e explicación sintética da solución adoptada e aspectos que a xustifican.
- Memoria Construtiva na que se detallarán cada unha das obras que se van a realizar.
- Prazo de execución das obras.
- Fichas de Ordenación e Normativa Urbanística do Plan Especial ou, no seu caso, informe urbanístico asinado polo técnico competente.
- Prego de condicións da edificación, se o requirise.
- Normativa de obrigado cumprimento, se o requirise.
b) Reportaxe fotográfica do estado actual, ao que logo se engadirá unha reportaxe coa obra totalmente executada.
c) Planos: Plano de situación da vivenda; planos de estado actual; planos de estado reformado e actuacións.
d) Orzamento de execución asinado polo técnico competente.
f) Folla resumen na que se detalle o Custe Real das actuacións de rehabilitación.
g) Folla co Orzamento Protexido có cálculo definitivo da subvención que se vai a tramitar.
5.—No caso de proxectos de rehabilitación que entrañen unha grande complexidade técnica a Oficina de Rehabilitación requerirá un proxecto básico e de execución asinado por un arquitecto e con visado colexial. Dito proxecto deberá contar en todo caso coa licencia municipal de obras e coa dirección e control das obras por parte dun arquitecto técnico.
6.—Aínda que a documentación técnica sexa elaborada por técnicos alleos á Oficina, esta poderá realizar de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales deben outorgarse as axudas.

ARTIGO 14. APROBACIÓN INICIAL DA TRAMITACIÓNDO EXPEDIENTE
1.—Achegada a solicitude e a documentación complementaria que corresponda, a Oficina de Rehabilitación efectuará proposta de aprobación inicial da tramitación do expediente á Xunta de Goberno Local, tendo en conta os criterios e requisitos que se establecen nos Artgos 11 e 12 da presente Ordenanza.
2.—Remitida a proposta, a Xunta de Goberno Local resolverá sobre a aprobación inicial do expediente de subvención. Esta resolución terá a condición de acto de trámite e necesario para a obtención da cualificación provisional das actuacións.
3.—Non se tramitará un expediente que careza de licencia municipal. Unha vez rematada a confección do expediente e asinados os presupostos pola empresa construtora e o solicitante, este terá o prazo dun mes para solicitar a licencia municipal. Rematado este prazo comunicaráselle por escrito o arquivo do expediente de subvención, concedéndolle dez días para a petición da licencia. Transcorrido
este prazo o expediente será arquivado sen máis trámite.

ARTIGO 15. CUALIFICACIÓN PROVISIONAL
1.—O xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, ou persoa en quen delegue, resolverá a concesión da Cualificación Provisional á actuación de rehabilitación solicitada.Será o Instituto Galego de Vivenda e Solo o órgano que resolva a Cualificación Provisional de rehabilitación protexida de subvención.
2.—O incumprimento de calquera dos requisitos establecidos no marco normativo de aplicación, ou na presente Ordenanza Municipal, serán motivo de denegación da Cualificación Provisional.
3.—O feito de que as obras de rehabilitación solicitadas estivesen realizadas con anterioridade ao momento da solicitude será motivo de denegación da Cualificación Provisional.

ARTIGO 16. CONTRATACIÓN DAS OBRAS
1.—Os solicitantes poderán contratar as obras coas empresas ou profesionais que consideren máis oportuno. A Oficina encargarase da correcta execución das mesmas, segundo o expediente-proxecto presentado.
2.—A Oficina de Rehabilitación poderá confecionar un directorio de empresas construtoras e asesorar ao solicitante sobre as mesmas. Asi mesmo, a Oficina e o promotor terán acceso aos directorios de empresas e de axentes da rehabilitación publicados polo Instituto Galego de Vivenda e Solo.

ARTIGO 17. INICIO DAS OBRAS
1.—As obras deberán iniciarse no prazo máximo de tres meses a partir da data de concesión da Cualificación Provisional, se ben poderase alongar dito prazo ata un mes máis sempre que o promotor alegue causa xustificada. Transcorrido ditos prazos sen que comezasen as obras nin se transmitira a Oficina a causa xustificada, esta enviará ao propietario unha notificación de arquivo de expediente concedéndolle un prazo de 15 días para comezar as obras. Transcorridos os 15 días sen que se comezasen o expediente será arquivado sen máis trámite.
2.—O promotor das obras dará conta á Oficina de Rehabilitación da data de comezo das obras con abonda antelación.

ARTIGO 18. EXECUCIÓN DAS OBRAS
1.—O prazo de execución das obras será o establecido polo expediente de rehabilitación. A petición motivada do promotor da actuación antes da finalización do prazo de execución e por causa xustificada poderá concederse unha ampliación do prazo que non excederá da metade do inicialmente concedido. En calquera caso, a execución das obras deberá axustarse á anualidade de financiamento en curso. Só en casos excepcionais a finalización dunha obra poderase certificar na anualidade seguinte.
2.—As obras deberán axustarse ás prescricións contidas no expediente-proxecto que serviu de base para a concesión inicial das axudas, non admitíndose máis modificacións na súa execución que as autorizadas expresamente pola Oficina de Rehabilitación, e que en todo caso deberán estar amparadas pola normativa á que se refire o Artigo 4.
3.—A Oficina de Rehabilitación supervisará as obras co obxecto de comprobar a súa correcta execución e o cumprimento das condicións a que se encontren sometidas en virtude das axudas concedidas e da licenza urbanística.

ARTIGO 19. REMATE DAS OBRAS
1.—Rematadas as obras a Oficina de Rehabilitación redactará o correspondente certificado de final de obra no que se fará constar o orzamento protexido do proxecto-expediente.
2.—Para as obras con proxecto elaborado por un técnico alleo á Oficina o propietario deberá achegar un certificado de final de obra asinado polo técnico responsable do proxecto e o técnico director das obras. Asimesmo, en base a este certificado a Oficina emitirá o seu certificado de final de obra
3.—A Oficina de Rehabilitación poderá requerir do promotor as facturas e xustificantes de gastos que considere oportuno.

ARTIGO 20. CUALIFICACIÓN DEFINITIVA
1.—Redactado o certificado final de obra e acreditado o cumprimento das condicións sinaladas na Cualificación Provisional, a Oficina de Rehabilitación elevará informe á Xunta de Goberno Local para que esta resolva a súa conformidade de cara a obter a Cualificación Definitiva da rehabilitación.
2.—O certificado final de obra expedido pola Oficina e a aprobación da Xunta de Goberno Local serán remitidos, xunto cunha reportaxe fotográfica completa, á Delegación provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo para que resolva conceder a Cualificación Definitiva.

ARTIGO 21. CAUSAS DE DENEGACIÓN DAS AXUDAS
Sen prexuizo do estipulado na normativa de aplicación, serán causa de denegación das axudas os seguintes supostos:
1.—Non reunir as condicións esixidas por esta Ordenanza relativas aos promotores e aos inmobles obxecto de rehabilitación.
2.—Que as obras de rehabilitación solicitadas estivesen realizadas con anterioridade á tramitación do expediente.
3.—Non informar a Oficina de Rehabilitación sobre o inicio das obras.
4.—Incumprir os prazos sinalados nesta Ordenanza.
5.—A realización de calquera obra non prevista no proxecto e que non estean autorizadas pola Oficina de Rehabilitación ou, de ser o caso, amparadas pola licenza urbanística. Calquera cambio con respecto ao proxecto deberá ser consultado con anterioridadeá súa execución.
6.—O impedimento ou obstaculización do acceso ás obras a calquera dos técnicos da Oficina de Rehabilitación por parte do promotor ou do construtor.
7.—A grave incorrección técnico-construtiva das obras apreciada pola Oficina de Rehabilitación e constatada no proxecto ou na súa execución.
8.—Sen prexuizo da normativa urbanística de aplicación e da presente Ordenanza, será causa de denegación das axudas o incumprimento de calquera das normas ou directrices dadas pola Oficina con anterioridade ou no momento da execución das
obras.

ARTIGO 22. DEVOLUCION DAS AXUDAS POR INFRACCIÓN URBANÍSTICA.
A comisión de infración urbanística tipificada como grave ou moi grave nos inmobles obxeto das axudas por parte dos seus beneficiarios no prazo de catro anos dende a súa aprobación definitiva determinará a obriga de devolver o importe das subvencións percibidas cos xuros que correspondan,á marxe das sancións que polos servizos competentes lles puidesen ser impostas.

DISPOSICIÓN DEROGATORIA
Queda expresamente derogada a anterior ordenanza reguladora das axudas, aprobada pola Corporación en Pleno de 25 de xuño de 2007, coa súa entrada en vigor logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o 24 de outubro de 2007.

DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA
Convenios Mediante convocatorias específicas, poderán establecerse liñas de axudas para actuacións de rehabilitación de inmobles destinados a usos de interese público, social ou cultural, logo do correspondente convenio que establazan o Concello e os promotores das actuacións, no que se determinará en cada caso a contía das subvencións e demáis condicións das axudas.

DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA.
PROMOCIÓNS TUTELADAS
1.—O Concello poderá artellar calquera outra actuación ou programa para facilitar o acceso dos cidadáns á vivenda e a promoción e fomento da rehabilitación protexida dentro da ARI obxecto desta Ordenanza.
2.—O Concello, por si mesmo ou en convenio con outras institucións e organismos públicos, poderá promover e desenvolver actuacións de rehabilitación destinadas ao aloxamento en aluguer de vivendas e/ ou locais en edificios de particulares e institucións mediante cesión do seu uso e aproveitamento, establecido mediante convenio cos propietarios, co fin de recuperar o investimento realizado no edificio rehabilitado.
3.—Para o cálculo do período de cesión do edificio considerarase: a superficie útil cedida, a situación do edificio, o importe das obras realizadas no mesmo e o orzamento total, suma dos gastos orixinados pola actuación, que deberá ser amortizado mediante o alugueiro das súa partes.
4.—A dispoñibilidade e selección dos inmobles serán establecidas mediante convocatoria pública, igual que a oferta de alugueiro das vivendas ou locais.

DISPOSICIÓN ADICIONAL CUARTA
Con independencia da tramitación prevista nesta ordenanza, compete á Consellería de Medio ambiente, Territorio e Infraestructuras, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, velar polo efectivo cumprimento da normativa aplicable ás actuacións financiadas no marco dos Plans de vivenda 2005-2008, 2009-2012 e seguintes –respecto das cales o Concello efectúa a tramitación dos expedientes en tanto que órgano xestor- outorgando ou, se é o caso, denegando a cualificación provisional e definitiva de cada actuación protexida co financiamento cualificado.

DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza entrará en vigor conforme ao disposto no art. 70.2 da Lei de Bases de Réxime Local e rexerá en tanto non se acorde a súa modificación ou derogación.
Cambados, a 7 de xuño de 2010.—O Alcalde Luis Aragunde Aragunde.

 

Volver a inicio

QUIENES SOMOS | MAPA DEL SITIO | POLITICA DE PRIVACIDAD | CONTACTE CON NOSOTROS | ©2010 CESAR TEJADA - GEMMA RODRIGUEZ ARQUITECTOS
PROVINCIA DE PONTEVEDRA . a cañiza . a estrada . agolada . a guarda . a illa de arousa . a lama . amoeiro . arbo . as neves . baiona . barro . bueu . caldas de reis . cambados . campolameiro . cangas . catoira . cerdedo . cotobade . covelo . crecente . cuntis . dozón . forcarei . fornelos de montes . gondomar . lalín . marín . meaño . meis . moaña . mondariz . mondariz-balneario . moraña . mos . nigrán . o grove . oia . o porriño . o rosal . pazos de borbén . poio . ponteareas . ponte caldelas . pontecesures . pontevedra . portas . redondela . rivadumia . rodeiro . salceda de caselas . salvaterra do miño . sanxenxo . silleda . soutomaior . tomiño . tui . tuy . valga . vigo . vilaboa . vila de cruces . vilagarcía de arousa . vilanova de arousa . PROVINCIA DE OURENSE . a bola . a gudiña . allariz . a merca . a mezquita . a-peroxa . arnoia . a rua . a teixeira . a veiga . avión . baltar . bande . baños de molgas . barbadás . beade . beariz . boborás . calvos de randín . carballeda de avia . carballeda de valdeorras . cartelle . castrelo de miño . castrelo do val . castro caldelas . celanova . cenlle . chandrexa de queixa . coles . cortegada . cualedro . entrimo . esgos . gomesende . larouco . laza . leiro . lobeira . lobios . maceda . manzaneda . maside . melón . montederramo . monterrei . muiños . nogueira de ramuín . o barco de valdeorras . o bolo . o carballiño . oimbra . o irixo . orense . os blancos . ourense . paderne de allariz . padrenda . parada de sil . pereiro de aguiar . petín . piñor . pobra de trives . pontedeva . porqueira . punxín . quintela de leirado . rairiz de veiga . ramirás . ribadavia . riós . rubiá . san amaro . san cibrao das viñas . san cristovo de cea . sandiás . san xoán de rio . sarreaus . taboadela . toén . trasmiras . verea . verín . viana do bolo . vilamarín . vilamartín de valdeorras . vilar de barrio . vilar de santos . vilardevós . vilariño de conso . xinzo de limia . xunqueira de ambía . xunqueira de espadañedo .